ALCALDÍA

Dous novos libros promovidos pola Fundación Comarcal de Santiago poñen en valor o Camiño Portugués entre os máis pequenos

21/12/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado dos rexedores de Ames, Carlos Fernández; Brión, José Luis García; e Teo, Armando Blando, encabezou o acto de presentación de dous novos libros que queren poñer en valor o camiño portugués entre os máis novos.

Trátase da "Guía para pequenos camiñantes do Camiño Portugués" e "Lendas e tradicións", libros que foron presentados ante un auditorio de alumnas e alumnos de 1º e 2º da ESO do Instituto Rosalía de Castro de Santiago. Tres deles subiron ao estrado para ler algunhas das lendas recollidas no segundo dos libros. O acto tamén contou coa participación do contacontos Cándido Pazó.

Este actividade enmárcase coma unha acción de promoción e difusión máis dentro do proxecto europeo Traslatio "Herdanza Cultural do Camiño Portugués", no que participan os concellos de Ames, Brión, Teo e Santiago, a través da Fundación Comarcal Santiago. O acto serviu tamén de colofón final e balance de todas as accións de recuperación patrimonial e promoción do Camiño Portugués que se acometeron co proxecto Traslatio dende o ano 2004 ata o 2006.

Compartir: