FESTAS

Música e xogos nas prazas durante as festas do Nadal

21/12/2006 A concellaría de Festas vén de presentar as actividades lúdicas previstas para este Nadal nas prazas da cidade. Música, xogos tradicionais, animación de rúa, un carteiro real e a cabalgata de Reis conforman o programa para estas festas.

O venres día 2, os alumnos da escola de Música Estudio ofrecerán un concerto con orquestra de Orfeón e coro de nenos. Será ás 17:30 horas na Praza do Toural. A continuación, haberá xogos tradicionais para maiores e nenos, dirixidos por monitores. Este GARABATO DE XOGO tamén se desenvolverá na tarde do sábado na mesma Praza do Toural a partires das 17:30 horas.

Para despedir o ano haberá actuacións de corais. O venres día 29 actuará a coral Alfaia, dirixida no coro por Carmendor e no combo por verá Ivanova e Joao Alberto Ferreira. O sábado día 30 será o turno da Coral Amigos de Compostela que estará dirixida por Antonio Cardeñoso Caminero. Os dous concertos terán lugar na Praza do Toural ás 19:30 horas.

Na semana de Reis está previsto que se achegue ata as prazas da cidade o carteiro real acompañado de animación de rúa. Será o xoves día 4, ás 18 horas no Toural e ás 19:30 na Praza Roxa.

Cabalgata de Reis
A cabalgata do venres día 5, sairá ás 18 horas da estación do Ferrocarril, e continuará o seu percorrido por Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Praza de Galicia, Senra, Porta Faxeira, Rúa do Vilar, Praterías e Praza do Obradoiro.

Sobre as 19.00 horas os Reis Magos serán recibidos polos membros da Corporación Municipal no Pazo de Raxoi. O Rei Melchor dirixirase a tódol@s nen@s desde os balcóns do Pazo de Raxoi e a continuación os Reis recibirán aos nen@s.

Compartir: