PREMIOS NADAL

Xoguetes e libros para os gañadores do concurso de carteis de Nadal

20/12/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto coas concelleiras de Educacion, Elvira Cienfuegos, e de Benestar Social, Adelaida Negreira, foi o encargado de entregar os premios do concurso de carteis e do programa de Nadal 2006.

O gañador foi Xan Limia García, de 5 anos e alumno do colexio Vilas Alborada, que recibiu como agasallo un paquete de libros e un kit de Playmobil grazas ao seu debuxo do rei mago Baltasar. O segundo premio recaeu en Álvaro Fernández Villaverde, do CEIP Fontiñas e de 4 anos, metres que o terceiro foi parar a Andrés Otero Castrelo, alumno de 5º de primaria de San Xosé de Cluny. Ámbolos dous recibiron unha bicicleta.

Así mesmo concedéronse tres accésits: o primeiro á Escola Infantil de Conxo; o segundo á aula de 2 e 3 anos da Escola Infantil do Hospital Gil Casares; e o terceiro a Daniel Otero Ron, do colexio Xuventude e de 4 anos de idade.

Trala entrega de premios, despregouse o cartel gañador, que será a portada do programa de Nadal deste ano. Como colofón do acto, o alcalde compostelán, felicitou as festas aos presentes.

Compartir: