ALCALDÍA

Recepción aos participantes no Encontro Estatal de Guías Oficiais de Turismo

14/12/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu os/as participantes no III Encontro Estatal de Guías Oficiais de Turismo.

Do 13 a 16 celébrase en Santiago o 40 aniversario da Asociación Profesional de Guías de Galicia, o 30 aniversario da Confederación Española de Guías e o III Encontro Estatal de Guías de España.

Esta é unha oportunidade única para favorecer o encontro e cooperación entre os guías de toda España, sendo estes un elemento fundamental na promoción e desenvolvemento do turismo cultural en España.

Compartir: