ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu o peregrino 300.000

14/12/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Andrew Larkin, un mozo estadounidense, que se converteu no peregrino 300.000 de 2017, cifra que supón un récord histórico para o Camiño. No acto tamén participaron a concelleira de Turismo, Marta Lois, e o deán da Catedral, Segundo Pérez.

Andrew Patrick Larkin, un estudante de 22 anos de Michigan (Estados Unidos) que cursa español en Burgos, declarouse moi sorprendido por todas as atencións que está recibindo dende a súa chegada a Santiago tras ter realizado o Camiño Francés dende León. Mostrouse moi satisfeito coa experiencia e a súa disposición a repetila e a recomendarlla aos seus amigos e amigas.

Na súa visita ao Concello, Larkin asinou no Libro de Honra, e recibiu de mans do alcalde un libro en recordo do seu paso por Compostela.

Compartir: