TURISMO
- Primeiro Premio do Público: "Taco de Outono", de Artesana Gastrobar.
- Premio do Xurado á Mellor Tapa: "Mexillón galego que se volveu nikkei", de Izakaya Markesa.
- Segundo Premio do Público: "Vieira en crema de coliflor con emulsión da Vera", de Hotel Arco de Mazarelos.
- Segundo Premio do Xurado á Mellor Tapa: "Xurelo, café e ensalada de outono", de O Ferro.
- Premio Especial X Aniversario, premio concedido polo público coas súas votacións valorando a experiencia global que tivo no establecemento: "Up", de ACDC.
- Premio (é)tapas+, concedido por un xurado especializado ao establecemento máis activo na promoción do concurso nas redes sociais: A Nave de Vidán.
Por terceira edición consecutiva, Santiago(é)tapas estivo organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Este ano contou por primeira vez con Mahou como patrocinador principal e co patrocinio xa tradicional de Cash Récord, Coca Cola. Tivo tamén a colaboración institucional da Deputación da Coruña.
No acto de entrega a concelleira de Turismo, Marta Lois, destacou que esta "foi unha edición cun gran nivel de consumo, con máis de 34.000 tapas vendidas e un crecemento de máis do 10% respecto do ano pasado. E tamén foi unha edición cun gran nivel de calidade das tapas, nunha clara mostra das capacidades dos nosos cociñeiros e cociñeiras".
"Taco de outono" e "Mexillón galego que se volveu nikkei", tapas gañadoras da décima edición de Santiago(é)tapas
29/11/2017 O Museo do Pobo Galego acolleu a gala de entrega de premios da décima edición de Santiago(é)tapas, concurso de tapas organizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela que se celebrou do 2 ao 19 de novembro. Desta vez consumíronse máis de 34.000 tapas, cun crecemento de máis do 10% respecto ao ano pasado.
Nesta edición do concurso participaron 70 establecementos de Santiago, que ofrecían 101 distintas. Competían por oito premios distintos. As tapas premiadas foron:- Primeiro Premio do Público: "Taco de Outono", de Artesana Gastrobar.