TURISMO

Turismo de Santiago presenta o seus plans para o 2007 á Asociación de Hostalería

19/12/2006 A xuntanza dos responsable de Turismo de Santiago co cadro directivo da Asociación de Hostalería servirá á empresa municipal de turismo para adiantar ao sector os seus plans de traballo no 2007.

A equipa técnica de Turismo de Santiago, encabezada polo concelleiro Francisco Candela, manterá unha xuntanza co cadro directivo da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca, para adiantarlles os plans que guiarán o traballo de xestión e promoción turística da cidade no 2007.

O encontro terá lugar o mércores 20 de decembro, ás 17:00 h. no centro de formación de Hostalería (rúa Salvadas).

Durante a reunión, a equipa da empresa municipal, coordenada polo xerente Iñaki Gaztelumendi, esbozará ante os hostaleiros locais os contidos do calendario de promoción e os plans de calidade e competitividade turística, e escoitará as suxestións e aportes do sector.

Compartir: