EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Presentado o Premio Dereitos Humanos Cineuropa

23/11/2017 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou o Premio Dereitos Humanos Cineuropa 2017. Será outorgado polo xurado novo do festival e recoñecerá aquel filme que recolla na súa metraxe os valores para a defensa dos dereitos humanos, cívicos e democráticos. Esta é unha contribución do Departamento de Educación e Cidadanía a Cineuropa e ás súas sucesivas edicións.

Segundo explicou Manuel Dios, o seu Departamento quere así sumarse a Cineuropa, co obxectivo de que dende o mesmo festival se fomenten os valores de defensa dos dereitos humanos, do civismo, da democracia e de igualdade. Será o xurado novo de Cineuropa o que escolla o filme que mellor represente estes valores.

O Premio é unha peza orixinal de Sargadelos que será entregada á dirección ou á produción do filme.

Compartir: