CONVIVENCIA

A Policía Local detén un menor cando intentaba roubar no interior dun vehículo

17/11/2017 A Policía Local vén de deter un mozo menor de idade, cando intentaba roubar no interior dun vehículo na rúa Agustín Sixto Seco do Castiñeiriño. O rapaz foi sorprendido cando lanzaba unha pedra contra o cristal do turismo por un axente de paisano que o viña seguindo tras comprobar que estaba observando o interior dos coches estacionados na rúa coa lanterna do seu móbil.

A detención enmárcase no operativo que puxera en marcha a Policía Local en colaboración co CNP tras coñecer que se estaban a rexistrar roubos no interior de vehículos no contorno do Centro Comercial El Corte Inglés. Despois do arresto do rapaz, a Policía Nacional fíxose cargo das dilixencias.

Compartir: