VECIÑOS

Os veciños do Castiñeiriño terán unha escola infantil

19/12/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, recibiron o luns á tardiña aos representantes veciñais do Castiñeiriño.

A directiva da asociación veciñal do castiñeiriño, que preside Lois Calvelo, foi recibida no Concello polo alcalde e o concelleiro de Infraestruturas. No encontro, os veciños sinalaron a necesidade dunha escola infantil e dun centro de día para maiores.

Sánchez Bugallo sinalou que sería posíbel ubicar o centro educativo preto da escola do lugar, no campo da festa, sempre que obteña o visto bo da Consellería de Educación. O alcalde comentou tamén que o centro de día, polo momento non é tan urxente xa que proximamente se abrirá un no Paxonal. Os veciños aproveitaron a reunión para solicitar algunhas obras menores.

Compartir: