ALCALDÍA

Reunión en Raxoi do alcalde co presidente da S.D. Compostela

06/11/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, reuníronse co presidente da S.D. Compostela, Antonio Quinteiro, e co responsable de Relacións Institucionais da entidade, Ramón Castro.

Unha vez comenzada a temporada dos blanquiazuis na Terceira División, foi momento para falar do proxecto deportivo da S.D. Compostela e para repasar os ámbitos de colaboración do Concello coa entidade. Douse a circunstancia de que a reunión chega un día despois de que o conxunto santiagués se colocara líder da competición.

Compartir: