CONSORCIO
A igrexa presenta tamén problemas de filtracións da auga da chuvia polos beirados das fachadas lonxitudinais. As fachadas exteriores están protexidas con revoco en bo estado de conservación, aínda que o acabado de pintura necesita dunha renovación.
Por outro lado, o templo contén no seu interior tres retablos, un principal no altar e dous en posición lateral. "A madeira destes retablos está afectada por termita, polo que urxe unha rápida intervención de cara á súa eliminación", indica a arquitecta.
As actuacións no templo
Na cuberta substituirase a cubrición de tella por outra nova de características semellantes á actual. Nas fachadas exteriores do edificio aplicarase unha pintura acrílica microporosa, transpirable ao vapor de auga. E ante a afectación por termitas dos retablos, procederase á súa interceptación e eliminación, antes de que comecen a afectar á estrutura de madeira do inmoble.
A igrexa de Santo André de Barciela celebra este ano o centenario da súa construción, xa que se trata dun templo modernista construído en 1917.
O Consorcio de Santiago realizará obras na igrexa de Santo André de Barciela
02/11/2017 No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de Santo André de Barciela, situada na parroquia homónima. Esta actuación conta cun orzamento global de 37.412,32 euros e ten un prazo de execución previsto duns tres meses.
A arquitecta da Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto é Lourdes Pérez. Sinala que a intervención centrarase na cuberta e nas fachadas do inmoble. E explica que "toda a estrutura vertical e horizontal da igrexa atópase en bo estado de conservación. Non así a cubrición de tella, que está envellecida, con pezas fisuradas e rotas. Ademais, a tella da metade inferior de todos os faldróns ten sufrido corrementos, co consecuente perigo de caer á vía pública".A igrexa presenta tamén problemas de filtracións da auga da chuvia polos beirados das fachadas lonxitudinais. As fachadas exteriores están protexidas con revoco en bo estado de conservación, aínda que o acabado de pintura necesita dunha renovación.