DEPORTES

Inaugurada a nova pista municipal de chave

17/12/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a pista municipal de chave, ubicada na Corredoira do Espiño, á beira da pista polideportiva de Galeras. A nova instalación serviu xa na fin de semana para celebración dun torneo organizado pola Asociación de Xogadores de Chave de Santiago.

A pista conta cunha cuberta, que permitirá practicar tamén durante o inverno esta modalidade deportiva, tan tradicional en Compostela. Alí desenvolverase a liga da chave e os diferentes torneos. Ademais do alcalde, varios concelleiros participaron na posta de longo do novo recinto.

Compartir: