TRANSPORTES

Un novo chasis para autobuses estará exposto na Praza do Obradoiro

16/12/2006 O luns 18 de decembro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentará un novo chasis, que nos vindeiros meses se convertirá nun dos autobuses a incorporar á flota de transporte urbano da cidade.

A presentación farase ás 12 do mediodía na Praza do Obradoiro e no transcurso do acto haberá unha recreación do resultado final do carrozado, onde se poderá observar o enorme cambio que experimentarán os vehículos. Ao acto acudirán representantes do sector.

O chasis estará na Praza do Obradoiro desde as 10.30 h. ata as 13.30 h, para que todos os composteláns que o desexen se poidan achegar a velo.

Compartir: