CULTURA

Concerto especial da Banda Municipal de Música

16/12/2006 O III Curso de Interpretación Musical pecharase o domingo 17 cun concerto especial da Banda Municipal de Música, que contará como director convidado con Roberto Forés Asensi. Será ás 12:00 horas no Teatro Principal.

Prestixioso director e compositor, Roberto Forés Asensi é o director titular da Orquestra e Banda do Ateneo Musical e de Enciso Banda Primitiva de Llíria, formacións coas que actuou en diversos puntos da xeografía española e do estranxeiro.

O programa da Banda Municipal de Música para esta actuación está composto das pezas "María Esparza", de Benjamín Esparza; "Obertura para banda", de J. Vicentes Fuentes Castilla; "Campo de estrelas"(movemento sinfónico), de F. Coll García; "A grande Pascua rusa", de N. Rimski Korsakov; "Romeo e Julieta" e "5ª Sinfonía en Mi m. op. 64" (IV movemento), ámbalas dúas de P.I. Tchaikovsky.

Compartir: