DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O Cersia acolle un coloquio de catro persoas emprendedoras dentro do proxecto "O forno dos soños"

23/10/2017 Catro persoas emprendedoras compartirán as súas múltiples experiencias nun café-coloquio que terá lugar o 27 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas, no edificio municipal Cersia, no barrio de San Lázaro. Esta acción enmárcase no proxecto O forno dos soños, co que a Concellaría de Promoción Económica pretende fomentar a cultura emprendedora na cidade.

O forno dos soños é un programa de innovación social para o fomento do emprendemento que se desenvolve a través da creación dun entorno colaborativo no que se traballan, a través de diversas xornadas de formación e de traballo en equipo, todas aquelas competencias transversais que son precisas para levar unha idea de negocio á práctica.

O café-coloquio contará con catro experiencias emprendedoras de utilidade para calquera persoa que se plantexe iniciar unha actividade por conta propia. Terá un formato próximo, compartindo mesa, charlando, escoitando, preguntando, a catro persoas, catro perfís diferentes, catro pequenas empresas que pasaron por múltiples vivencias para conseguir consolidar os seus proxectos.

Ás 10:00 h contará a súa experiencia Leonor Díaz, da tenda Como Pez en el Agua, que se atopa no barrio de San Pedro. Leonor contará a experiencia dunha persoa que emprende para poder vivir do que lle gusta facer.

Ás 10:30 h será a vez de Manuel Carballada, quen exporá o caso daquela persoa que decide emprender pero que non ten éxito na súa primeira tentativa. Non obstante, lonxe de abandonar aprende dos erros cometidos e decide volver a tentalo.

Ás 11:00 h intervirá Lourdes Dourado cun caso de emprendemento que se está a levar a cabo na actualidade por parte dunha emprendedora con case 50 anos, cun traballo estable e cunha dilatada experiencia laboral.

Finalmente, ás 11:30 h, exporase o caso de Ana Berta Domínguez, de Doutroxeito Coworking, unha persoa que emprende con éxito unha vez, e que logo volve a emprender con novos proxectos.

Direccións relacionadas



Compartir: