CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nova edición das Xornadas Micolóxicas do CSC de Conxo os días 20 e 21 de outubro

19/10/2017 O Centro Sociocultural de Conxo organiza este venres 20 e o sábado 21 de outubro as súas xa tradicionais Xornadas Micolóxicas, coa intención de animar a veciñanza a coñecer os cogomelos e os seus hábitats.

As Xornadas Micolóxicas comezarán mañá venres, ás 20:30 horas, cunha conferencia dedicada ao recoñecemento dos hábitats micolóxicos. Será impartida polo biólogo Martín Souto, quen dirixirá a súa intervención pensando nas persoas que se inician na micoloxía.

A xornada do sábado contará con tres actividades, a primeira das cales, ás 9:30 horas, será un roteiro micolóxico ao Monte Pedroso, dirixido por José María Costa Lago, da Asociación Micolóxica Pan de Raposo. No percorrido farase unha recollida de cogomelos para estudalos e logo expoñelos. É necesaria inscrición previa.

Ás 17:00 horas realizarase a exposición e estudo dos cogomelos recollidos no roteiro. Para finalizar, o mesmo José María Costa Lago impartirá outra conferencia sobre os cogomelos comestibles.

Compartir: