PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio, no XI Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial

19/10/2017 As Cidades Patrimonio da Humanidade están representadas no XI Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial, organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. As reunións celébranse do 18 e 20 de outubro na Serra de Tramuntana, en Mallorca. En total, un centenar de profesionais de diferentes administracións e institucións públicas e privadas, representan os 46 bens españois inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da Unesco.

O Congreso deste ano ten o lema "Patrimonio vivo, Patrimonio vivido. Desenvolvemento máis alá do Turismo". Entre os temas que debaten están as boas prácticas na contorna da xestión dos bens de Patrimonio Mundial.

Os encontros anuais de xestores de Patrimonio Mundial en España son foros anuais a través dos cales a Secretaría de Estado de Cultura promove a análise e o debate dos problemas cos que se atopan os responsables dos lugares e bens inscritos na Lista Patrimonio Mundial. Entre estes lugares e bens están os conxuntos históricos, monumentos, itinerarios culturais, parques naturais, xacementos e os abrigos da arte rupestre e as paisaxes naturais. España é o terceiro país do mundo, despois de Italia e China, con maior número de bens declarados Patrimonio Mundial.

Compartir: