EDUCACIÓN

Clausura do Curso de formación de monitores de tempo libre

15/12/2006 Na Escola Municipal de Música, a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, participou no acto de clausura do "Curso de formación de monitores/as de tempo libre". Este seminario víñase desenvolvendo dende novembro, organizado polo Concello en colaboración coa Escola de Tempo Libre-Fesan.

Ao longo destes meses de formación os mozos e mozas inscritos traballaron sobre diferentes temáticas como a animación á lectura, a educación ambiental, a organización de actividades educativas no tempo libre, etc. En total, foron máis de 200 horas teóricas e outras 250 prácticas.

Ademais, como complemento desta formación, participaron en diversas actividades como as visitas aos museos da cidade, percorridos didácticos polo Casco Histórico, visita á exposición da Fundación La Caixa "Mozos, Moito que dicir", Cineuropa, etc.

O proxecto nacera dun estudo previo, realizado en 2005, sobre a situación das actividades extraescolares nos diferentes centros de ensino de Compostela. No mesmo desvelábanse diferenzas significativas no funcionamento das actividades desenvolvidas polos centros de ensino e a falta de formación e especialización dos monitores no ámbito do lecer e do tempo libre.

Compartir: