ACCIÓN CULTURAL

Amal 2017 ofrecerá a estrea en España de dous documentais e un filme de ficción

11/10/2017 A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participou este mércores na presentación da décimo quinta edición da Semana de Cine Euroárabe, Amal 2017, que se celebrará do 23 ao 27 de outubro no Teatro Principal. No acto participaron tamén o presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas e director do Festival, Ghaleb Jaber Martínez, e o secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Branca Novoneyra destacou que este certame aposta pola diversidade "para abrir pontes entre a cultura árabe e Europa", con filmes de diversas procedencias, con varias coproducións euroárabes que tratan cuestións complexas como a guerra civil siria ou o conflito palestino-israelí e que a veces non encontran lugar nos espazos culturais. Finalmente, a concelleira convidou a todos os veciños e veciñas e visitantes a asistir ás proxeccións do festival.

Pola súa parte, Ghaleb Jaber Martínez agradeceu a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura e do Concello de Santiago, que nesta edición se involucra no festival coa cesión do Teatro Principal, "formando parte outra vez do barco da esperanza de Amal". O certame continúa nesta nova edición coa súa filosofía de sempre, achegar a cultura árabe á sociedade galega. "E ti por que loitas?" é o lema deste ano, enfocado a representar o momento social da actualidade no que todo el mundo se revoluciona e se compromete co que cre.

Finalmente, Anxo Lorenzo salientou que "Amal é unha mostra pequena pero enriquecedora e unha cita imprescindible que coloca a Compostela, xunto con Curtocircuíto e Cineuropa, nun territorio audiovisual por antonomasia. Este festival presenta valores interesantes de interculturalidade e suscita temas de actualidade que permiten xerar esa reflexión entre a cidadanía".

Programación potente, completa e diversa
Amal 2017 presenta ao público once películas do cine árabe actual, cinco documentais e seis longametraxes de ficción. As proxeccións poderanse ver ao longo da semana en el Teatro Principal, cun primeiro pase ás 20:00 horas (ao prezo de 2 euros), e outro ás 22:00 horas (ao prezo de 3 euros), excepto o xoves e o venres, que tamén se celebrará una sesión golfa ás doce da noite (2 euros). Como en edicións anteriores, Amal destinará a recadación da súa billeteira a una acción solidaria, aínda por determinar.

O luns 23 inaugurarase o festival, ás 20:30 horas, coa proxección de Nacido en Siria, un documental dirixido polo documentalista arxentino Hernán Zin (director de La guerra contra las mujeres, Nacido en Gaza ou Quiero ser Messi), no que reflexiona sobre a situación dos refuxiados que fuxiron da guerra e buscan un novo futuro en Europa, todo a través da mirada dun grupo de nenos. A entrada será gratuíta, previa retirada de entradas na billeteira do Teatro Principal. Ao remate da proxección celebrarase unha master class dirixida polo presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, que ofrecerá unha introdución ao mundo árabe contemporáneo e os seus conflitos.

Direccións relacionadas



Compartir: