MEDIO AMBIENTE

Tallada a árbore do parque de Fonseca que presentaba risco de derrubamento

09/10/2017 Esta mañá foi tallada a árbore do parque de Fonseca que corría risco de derrubamento polo seu mal estado, e que obrigou a manter este espazo pechado ao público nas últimas semanas.

A especie tallada era un Ginkbo biloba centenario, dunha altura de máis de 22 metros. As súas raíces estaban en estado de descomposición pola acción de fungos xilófagos, e a ramaxe estaba tamén seca. Contaba coa declaración de "árbore singular" por parte da Xunta de Galicia, polo que foi a Administración autonómica quen tivo que autorizar a talla, despois do informe presentado polo Concello en coordinación coa Universidade de Santiago.

A Concellaría de Medio Ambiente vai aplicar un tratamento preventivo na outra Ginkbo biloba do mesmo parque, se ben as análises realizadas non apuntan á existencia de ningún problema nesa árbore.

Compartir: