ADMINISTRACIÓN

O Concello aproba dez novas prazas da oferta de emprego público de 2016

09/10/2017 O Concello de Santiago vén de aprobar recentemente as bases para oferta de emprego por oposición libre de persoal administrativo e persoal para o servizo de extinción de incendios. Nos próximos días serán publicadas no BOP e o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais dende o día seguinte a súa publicación.

En concreto, trátase de seis administrativos/as de administración xeral e catro prazas de bombeiro/a-condutor, ambos da oferta de emprego do 2016. Isto súmase á oposición xa en marcha para policías locais, de cinco prazas por quenda libre e unha por mobilidade, comezada o pasado 2 de xuño.

Compartir: