PATRIMONIO

As cidades Patrimonio da Humanidade debateron en Alemaña sobre novas vías de conservación e promoción

09/10/2017 O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, entre as que está Santiago de Compostela, participou no III Encontro Europeo de Asociacións de Patrimonio Mundial, celebrado en Lübeck (Alemaña). A este evento sumáronse cen representantes de asociacións e bens do Patrimonio Mundial chegadas de 15 países. A organización do Encontro correu a cargo da Asociación Alemana de Bens Patrimonio Mundial, o Comité Alemán da Unesco e o Concello de Lübeck.

As actividades deste III Encontro centráronse en tres eixos principais; o turismo sustentable e o patrimonio, a comunicación e divulgación do patrimonio e a protección e xestión do patrimonio entre fronteiras. Así, sobre a primeira das cuestións, falouse sobre como compatibilizar a conservación do patrimonio co éxito turístico destas cidades.

Sobre o segundo punto, concluíuse que a comunicación e divulgación do patrimonio só é posible cando exise unha visión común a nivel global, sobre o valor do patrimonio en cada país. Finalmente, os representantes reunidos en Alemaña consideraron necesaria en diveras formas e estructuras para a creación de lexislacións e marcos financieros para o turismo sustentable e a protección das áreas patrimoniais.

Os encontros europeos sobre patrimonio comezaron no ano 2015 en Estrasburgo (Francia) e continuaron en 2016 en Segovia. As conclusións destas reunións permiten abrir novas liñas de cooperación e traballo, con vistas ao Ano do Patrimonio Cultural Europeo que se celebrará en 2018, coa colaboración da Comisión e do Parlamento europeos.

Compartir: