ACCIÓN CULTURAL

"La mujer invisible", de Noemí Chantada, gran triunfadora do Curtocircuíto 2017

08/10/2017 Dúas películas galegas, La mujer invisible, de Noemí Chantada, con tres galardóns, e Aysha, de Fon Cortizo con dous, protagonizaron o acto de clausura da décimo cuarta edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine, que se celebrou na noite deste domingo no Teatro Principal.

A película de Noemí Chatada foi recoñecida co Premio do Público e co Premio do Xurado da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA), que salientou "a súa habilidade para retratar unha realidade escura cunha sensibilidade cinematográfica luminosa". Ademais, obtivo unha mención especial do Xurado da Asociación Galega de Guionistas (AGAG), "pola sensibilidade e respecto á hora de abordar o tema da prostitución e por saber dotar a unha única voz da capacidade de ser moitas".

Pola súa banda, Aysha foi galardoada polo Xurado Galiza, que valorou "a mestura dun proxecto cinematográfico, xornalístico e poético no que os camiños do autor á procura de dar voz á complexidade do mundo, se xuntan cos da protagonista a dar voz á complexidade da súa realidade máis próxima", e polo Xurado da AGAG "por amosar a realidade dos estados autoritarios e do uso da poesía como elemento subversivo".

O xurado da categoría Radar, composto polo fotógrafo Alberto García-Alix e os cineastas Berto Gracia e David Domingo, outorgou o premio a Find, Fix, Finish, dirixida por Mila Zhluktenko e Sylvain Cruiziat (Alemaña), e unha mención especial a Les Illes, de Yann Gonzalez (Francia).

O xurado da categoría Explora, formado polo cineasta Teddy Williams, a programadora e crítica Nicole Brenez e o director do Festival Internacional de Cine de Oberhausen Lars Henrik Gass, otorgou dúas mencións especiais ás pezas On generation and corruption, de Takashi Makino (Xapón), e I don´t think I can see an island, de Christopher Becks e Emmanuel Lefrant (Francia), e premiou a Y Berá. aguas de luz de Sarah Jessica Rinland (Arxentina).

A relación completa de películas premiadas é a seguinte:

RADAR
- Find, Fix, Finish, de Mila Zhluktenko e Sylvain Cruiziat (Alemaña).
Mención especial:
- Les Iles, de Yann Gonzalez (Francia).

EXPLORA
- Y Berá. aguas de luz, de Sarah Jessica Rinland (Arxentina).
Dúas mencións especiais:
- On generation and corruption, de Takashi Makino (Xapón).
- I don´t think I can see an island, de Christopher Becks e Emmanuel Lefrant (Francia).

PREMIO GALIZA
- Aysha, de Fon Cortizo.

PREMIO PENÍNSULAS
- Contact, de Alessandro Novelli.

XURADO CREA
- La mujer invisible, de Noemí Chantada (Galicia).

XURADO AGAG
- Aysha, de Fon Cortizo (Galicia).
Mención especial:
- La mujer invisible, de Noemí Chantada (Galicia).

CAMIRA
- Flores, de Jorge Jácome (Portugal).
Mención especial:
- Indefinite pitch, de James Kienitz Wilkins (Estados Unidos).

XURADO NOVO
- Nyo Vweta Nafta, de Ico Costa (Mozambique, Portugal).
Mencións especiais:
- Rapa das bestas, de Jaione Camborda (Galicia).
- Farpões Baldios, de Marta Mateus (Portugal).

PREMIO DO PÚBLICO
- La mujer invisible, de Noemí Chantada (Galicia).

PREMIO CRIATURAS
- Big Boom, de Marat Narimanov (Rusia).

OUTRA COMPOSTELA
- Tapias, de Sergio Rois Roo, Carlos Iglesias Losada, Paula González Álvarez, Javier Blanco Armada e Javier González Sobrado.

Compartir: