POLÍTICAS SOCIAIS

Recepción ás persoas participantes no IV Encontro de Economía Social para Novos Investigadores

03/10/2017 A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asistiu á inauguración do IV Encontro REJIES, para novas e novos investigadores en Economía Social, celebrada na Facultade de Ciencias Políticas. As persoas participantes no encontro REJIES foron recibidas posteriormente pola propia concelleira no Pazo de Raxoi.

O IV Encontro REJIES pretende abordar diferentes temas relativos á globalización e ás economías sociais, fronte aos camiños que se lle abren á economía cooperativa no futuro. Ao acto inaugural deste evento, ademais da concelleira Concha Fernández, asistiron a vicereitora de Estudantes da USC, Dolores Álvarez e a decana da Facultade de Relacións Laborais.

Direccións relacionadas



Compartir: