MOCIDADE

O Centro Xove da Almáciga programa 23 actividades para o último trimestre

02/10/2017 A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou as actividades do Centro Xove da Almáciga para os meses de outubro, novembro e decembro. En total serán 23 talleres de diversas disciplinas e todos de balde.

Noa Morales indicou que estes 23 obradoiros contarán cun número de prazas que oscila entre as 15 e as 23, e que serán impartidos por máis de 25 docentes. Realizaranse en horarios de mañá e tarde e de luns a sábado. Para participar, as persoas interesadas deben inscribirse persoalmente no propio Centro Xove entre os días 4 e 11 de outubro, en horario de 10:00 a 20:00 horas. En total, agárdase a unha participación próxima ás 600 persoas.

Entre os obradorios deste trimestre a concelleira destacou un de narración oral, dúas actividades de teatro e os talleres de ilustración e arte urbana. Lembrou Noa Morales que neste programa tamén se inclúen aquelas peticións realizadas pola mocidade de Compostela no marco dos orzamentos participativos.

Direccións relacionadas



Compartir: