EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

Os nenos e nenas dos colexios composteláns celebrarán o Día das Migracións

15/12/2006 Con motivo da celebración do Día Internacional das Migracións, o luns día 18, a Concellaría de Emigración e Inmigración organiza unha marcha na que participarán nenos e nenas de 13 colexios composteláns e que estará encabeza por rapaces dos distintos continentes que viven en Santiago.

Baixo lemas como "olla cos seus ollos", "ponte na súa pel" ou "agasállaos cun sonriso", a marcha pretende ser unha chamada á solidariedade cos que veñen de fóra. Nela participarán os alumnos dos centros Colexiata de Sar, Lamas de Abade, Pío XII, Cardeal Quiroga Palacios, Vite 1, A Inmaculada, Divino Maestro, La Salle, Remedios, San Francisco Javier, San Pelayo, Compañía de María e Vilas Alborada, e estará encabeza por nenos de varios países. Serán eles os que porten a pancarta principal na que se poderá ler "os inmigrantes veñen de moi lonxe, berra acólleos. Solidariedade".

A marcha partirá ás 11.30 h. da Praza da Quintana e continuará pola rúa Nova, praza do Toural e rúa do Vilar, para rematar na Praza das Praterías, onde os nenos conformarán unha "A", de acollida, cun lazo verde, símbolo da esperanza, e lerán un manifesto. A continuación e no mesmo emprazamento, a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, presentará en rolda de prensa (12.30 h.) a campaña de actividades do seu departamento para este Nadal. Precisamente, a marcha quere ser o acto de partida desta campaña, na que estará presente como lema básico a acollida e a solidariedade. En caso de chuvia, os actos realizaranse nos soportais da Praza da Quintana.

Compartir: