EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Recepción en Raxoi a alumnado do colexio alemán Carl Benz Gymnasium

27/09/2017 O concelleiro de Educación, Manuel Dios, recibiu un grupo de alumnos e alumnas do colexio alemán Carl Benz Gymnasium, de Ladenburg, unha vila situada ao norte do Estado de Baden-Württemberg, no val do alto Rin. Xunto a eles estiveron escolares do Colexio Manuel Peleteiro, cos que manteñen un intercambio.

Manuel Dios convidou os/as escolares a disfrutar da cidade e fixo unha reseña sobre a historia do Pazo de Raxoi. Ademais, puxo este intercambio de alumnado como un deses marcos adecuados para promover, dende a Educación, "unha Europa máis unida e en paz".

Pola súa parte, o director do Colexio Peleteiro, Luis Ildefonso Peleteiro, destacou "os 15 anos que levamos facendo estes intercambios". Nesta ocasión, dixo, o alumnado alemán tivo a oportunidade de coñecer a xeografía galega e todo o relacionado co Camiño de Santiago e cos costumes de Galicia.

A representación alemá levou como agasallo dous libros sobre a cidade de Santiago e o Camiño.

Compartir: