DEPORTES

Alta participación no I Torneo de Xadrez Cidade de Santiago

25/09/2017 O I Torneo de Xadrez Cidade de Santiago, celebrado o pasado 16 de setembro no Centro Comercial Área Central, reuniu a preto de 200 participantes procedentes de toda Galicia.

As probas, organizadas polo Escola de Xadrez Compostela, dividíronse en catro categorías, todas elas válidas para o Circuíto Galego de Promoción: sub-8; sub-12; sub-14 e absoluto. Nesta categoría absoluta participaron 86 axedrecistas, que repartiron máis de 300 euros en premios. Subiron ao podio David Gómez, Luis Medarde e Julio Suárez, que gañou o campeonato cun pleno de victorias.

Dentro da categoría Promesas, Iago Fernández, de Xadrez Brétema, gañou o campionato cedendo só unhas táboas. O gañador sub-10 foi o alumno da USC Eduardo Cabañas, quen empatou a puntos con Paula Suárez, de Fontecarmoa. En sub-12, o premio foi para Xacobe Conde, de Xadrez Ourense, e o título na categoría sub-14 levouno David Padilla, do CD Portas.

Destacou a deportividade nun encontro onde os máis pequenos puideron disfrutar dunha merenca e dun sorteo de regalos.

O torneo contou co patrocinio do Centro Comercial Área Central, Alcampo, Abanca, Limpezas Salgado e Axiltec.

Compartir: