MOBILIDADE

Continúan esta fin de semana as actividades pola Semana Europea da Mobilidade

22/09/2017 As actividades da Semana Europea da Mobilidade continúan este sábado e domingo, tendo como protragonistas centrais os máis pequenos e as actividades relacioandas coa bicicleta. As accións están deseñadas para sensibilizar á veciñanza sobre a necesidade de facer de Santiago unha cidade accesible.

Mañá sábado celebrarase unha pedalada dende a Alameda ata o Milladoiro, para rematar á volta en Conxo. Alí organizarase unha comida de convivencia. O roteiro está organizado por Composcleta e comezará ás 11:00 horas, co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de melloras no deseño urbano para outros modelos de mobilidade.

Tamén o sábado, a partir das 17:00 da tarde, na praza 8 de Marzo, celebrarase unha actividade dirixida aos nenos e nenas, vinculada ao programa Compostela Territorio Xogantín. Esta acción, denominada "A rúa é nosa", pretende animar os nenos e nenas a xogaren na rúa para aprender a disfrutar do entorno.

A bicicleta será tamén a protagonista das actividades previstas para o domingo 24 de setembro a partir dás 10:00 horas, coa rúa de Virxe da Cerca como epicentro. Haberá unha pedalada urbana por un circuíto de algo máis de 16 quilómetros, un paseo xincana, bicixogos, e mesmo unha sesión vermú. O programa desta xornada conta tamén coa colaboración da asociación Composcleta.

Direccións relacionadas



Compartir: