EDUCACIÓN

O Nadal tamén se celebra danzando

14/12/2006 Alumnas de catro centros educativos compostelás celebrarán o Nadal bailando sobre as táboas do Teatro Principal o luns 18 de decembro. "Nadal de Danza" é o título dun espectáculo que reflectirá o traballo realizado nesta disciplina artística, impartida como actividade extraescolar, nos colexios e institutos da cidade.

As bailarinas e profesoras Beatriz Viñal e Eva Cancio, coa colaboración de Silvia Miramontes e Lucía Gutiérrez, encárganse deste labor, que xa cumpre catro anos e deste certame. Despois do éxito do pasado Festival Intercentros de Danza, repiten experiencia, neste caso cun programa composto por pezas coma "Quebranoces", "Un paseo pola imaxinación", "A bailadeira", "Retorno á inocencia", "Quixote" ou "Confianza".

Participan neste festival as alumnas do CEIP Fontiñas, do CEIP López Ferreiro, do Colexio San Xosé de Cluny e do IES Xelmírez I. O espectáculo durará uns 45 minutos e pecharase cunha pez na bailarán xuntas todas as bailarinas.

Compartir: