MANTEMENTO E OBRAS

Rematadas as obras de mellora do pavimento entre Nemenzo e Marantes

07/09/2017 Xa están rematadas as obras de mellora do pavimento da calzada entre Nemenzo e Marantes, executadas con cargo aos fondos do POS 2016 da Deputación da Coruña. A actuación afectoulle a un tramo de 2,6 quilómetros.

Estas obras viñan sendo longamente demandadas pola veciñanza de Busto, xa que se trata do principal acceso á parroquia. Na parroquia de Marantes tamén se executou, con cargo ao POS 2016, a mellora do contorno da Igrexa e o acondicionamento dunha pequena senda peonil.

O Concello de Santiago destinou ao rural compostelán a totalidade do orzamento do POS 2016 da Deputación da Coruña, máis de 800.000 euros. Nas últimas semanas tamén se investiron nas parroquias 200.000 euros con cargo ao gran contrato de mantemento. En total, actuouse en 25 quilómetros da rede viaria do rural.

Compartir: