EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O servizo de comedores arrancará o 11 de setembro con arredor de 900 nenos e nenas xa inscritos/as

07/09/2017 O Concello de Santiago de Compostela porá en marcha o 11 de setembro de 2017 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores. As familias xa inscribiron a uns 900 nenos e nenas que farán uso destes servizos.

O servizo de comedores e madrugadores organízase polo concello de Santiago de Compostela no marco dun convenio de colaboración coa Consellería de Educación para prestar un servizo ás familias con menores a cargo, favorecendo a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e a adquisición de valores e hábitos saudables dende a infancia.

Todas as familias que solicitaron praza no Rexistro Xeral do Concello están admitidas e comenzarán a facer uso do mesmo na data que indicaron na ficha de inscrición. Non poderán facer uso de xantar e almorzo os/as usuarios/as con recibos impagados de cursos anteriores.

Aquelas familias que non solicitaron o servizo e o necesiten, teñen que realizar a correspondente tramitación a través do Rexistro Xeral do Concello, cubrindo o impreso correspondente, que poden descargar da web municipal.

Ademais, a empresa concesionaria do servizo, para facer efectiva a alta no servizo de comedores e madrugadores, entregaralle a cada familia que o utilice, unha ficha a efectos de facturación que deberán cubrir e entregar ao coordinador do comedor de cada centro educativo.

Compartir: