TURISMO

Santiago de Compostela presenta a súa oferta de congresos en Madrid

13/12/2006 Baixo o lema de ‘Santiago lo reúne todo’, a capital galega presenta en Madrid o abano de recursos patrimoniais, turísticos e técnicos, que a converten en sede ideal para a celebración de congresos, convencións e viaxes de incentivo.

A presentación, organizada polo Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), terá lugar o xoves 14 de decembro ás 13:30 horas no Casino de Madrid (Alcalá, 15), ante un auditorio composto polos responsables das unidades de viaxes, reunións e congresos de preto de 30 destacadas empresas con sede en Madrid. Estarán representados sectores tan diversos como a banca, os seguros, as telecomunicacións, a química ou os servizos, así como organizadores profesionais de congresos que xestionan contas de empresas.

O concelleiro de Turismo de Santiago e presidente do SCCB, Francisco Candela, será o encargado de explicar aos asistentes cómo Santiago de Compostela se transformou nun dos centros punteiros del país en materia de congresos, no que se reúnen monumentalidade, gastronomía, tradición de hospitalidade e dotacións técnicas, así como unha crecente facilidade de acceso, toda vez que o seu aeroporto ocupa o primeiro lugar en crecemento da actividade das liñas aéreas de nova xeración en España.

A presentación, á que seguirán unxa proxección e un cóctel, servirá tamén para facer entrega aos asistentes da Guía Profesional de Congresos de Santiago, na que se recollen todas as características da cidade e os seus servizos específicos para o turismo profesional.

Compartir: