TRÁFICO

A Policía Local súmase á campaña da DXT para o control da velocidade

21/08/2017 A Policía Local de Santiago volve sumarse á campaña especial sobre vixilancia e control de velocidade da DXT. Haberá controis de velocidade nas principais vías urbana entre este luns 21 de agosto e o domingo 27.

O exceso de velocidade, apunta a Dirección Xeral de Tráfico, incide na seguridade viaria, ten unha influencia negativa sobre o medio ambiente, a calidade de vida e o consumo de combustible. O mal uso dos vehículos pode interferir no benestar dos residentes e ter un impacto moi negativo sobre a seguridade dos usuarios, dos viarios máis vulnerables, como os peóns ou os ciclistas.

Alcohol e drogas
A Policía Local tamén colaborou entre o 11 e o 15 de agosto na campaña da DXT para o control de alcohol e drogas na condución. O resultado final foi de 15 positivos en alcohol do total de 710 controis realizados. Deles, 13 foron tramitados por denuncia administrativa e os outros dous por delictos contra a seguridade viaria.

Ademais, efectuáronse 17 controis de drogas, dos que catro deron positivo, tramitándose a correspondente denuncia administrativa.

Compartir: