DEPORTE

Recepción á selección de fútbol sala de Turkmenistán

21/08/2017 O alcalde, Martiño Noriega, presidiu hoxe a recepción aos xogadores e corpo técnico da selección de fútbol sala de Turkmenistán. O equipo atópase en Compostela para disputar mañá un partido amigable co Santiago Futsal. No acto tamén participou o presidente do club compostelán, Ramón García.

Durante a recepción, o adestrador da selección de Turkmenistán mostrou a súa satisfacción por "estar nunha cidade marabillosa como Santiago, con paixón polo fútbol sala". Nakamura Kyohei tamén lembrou que o seu país de orixe, Xapón, ten recibido a moitos xogadores galegos de fútbol sala, moitos deles procedentes do Futsal.

O alcalde, Martiño Noriega, deulles a benvida aos xogadores e ao corpo técnico da selección de Turkmenistán, e gabou o labor de difusión deste deporte que está a facer o Santiago Futsal. Na recepción tamén participaron a concelleira de Deportes, Noa Morales, e representantes dos grupos da oposición.

Compartir: