ALCALDÍA

Varios concellos rusos interésanse polo modelo de xestión da auga de Santiago

12/12/2006 Unha delegación de alcaldes e e directores de compañías de augas municipais de cidades rusas visitou Raxoi. Alí foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen os informou sobre a xestión desta materia na cidade.

Ata Santiago desprazáronse representantes das cidades de Volkhov, Pechora, Cungur, Brvansk, Rostov-na-Donu, Taganrog e Novocherkassk. O obxectivo da visita é familiarizarse coas operacións das compañías modernas de augas e a súa colaboración coas entidades públicas para a prestación de servizos aos consumidores.

Neste encontro formativo, no que están a manter diversas xuntanzas cos responsables de Aquagest, a empresa xestora do servizo municipal de augas e saneamento, a delegación rusa está a recibir información sobre xestión técnica e medioambiental deste tipo de compañías.

Compartir: