BENESTAR SOCIAL

A futura Casa de Asociacións de Servizos Sociais perfila o seu proxecto

12/12/2006 A Concellaría de Benestar Social segue a traballar no proxecto da Casa de Asociacións de Servizos Sociais, co obxecto de constituíla coma un centro de referencia para as entidades de acción social de Compostela. Con este fin celebrouse unha xornada, baixo o subtítulo de "Un modelo de cooperación asociativa", que reuniu no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche a directivos, persoal técnico e voluntariado de organizacións do terceiro sector de acción social.

Nesta xornada, inaugurada pola concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, puidéronse coñecer as liñas mestras do proxecto Casa de Asociacións de Servizos Sociais, así como experiencias en proxectos semellantes en Galicia e España. Tamén se presentaron os resultados dun estudo sobre a situación das organizacións non lucrativas (ONLs) en Compostela e comunicáronse as canles de participación establecidas para a elaboración do réxime de regulamento Interno da Casa.

O 19 de abril de 2006, Adelaida Negreira, presentara ao Consello Municipal de Servizos Sociais o proxecto arquitectónico da Casa de Asociacións de Servizos Sociais, así como o proceso de elaboración do proxecto de cooperación asociativa para este centro.

Compartir: