EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Continúan as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Verán

13/07/2017 O CEIP Raíña Fabiola e o CEIP As Fontiñas acollen por terceira semana as actividades do Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017. A longo dos meses de xuño, xullo e setembro van a participar nesta iniciativa 204 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

Na segunda semana (do 3 ao 7 xullo), os nenos/as participantes no Programa Municipal de Conciliación convertéronse en pequenos/as científicos/as e gozaron das actividades propostas, realizando experimentos e xogos dos sentidos, aplicando a ciencia na cociña e coñecendo o sistema solar. Remataron a semana cunha saída ao Parque Carlomagno e cunha ruta polo río Sarela, na que realizaron actividades relacionadas co repecto e coidado do medio ambiente.

Compartir: