ALCALDÍA

Minuto de silencio no Obradoiro polo 20º aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco

12/07/2017 A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio con motivo do 20º aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco, atendendo á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou neste minuto de silencio xunto con outros/as integrantes da Corporación e traballadores/as municipais. A concentración pechouse con aplausos.

Compartir: