FESTAS

O Concello volve sortear convites para presenciar os Fogos do Apóstolo dende o espazo para convidados

11/07/2017 O Concello de Santiago volve sortear este ano 25 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar o espectáculo luminoso e pirotécnico da noite do 24 de xullo dende a zona habilitada para os e as convidadas. Estes convites dobres súmanse aos 10 xa entregados como premio a participantes na iniciativa ambiental Tropa Verde.

O Goberno local segue así a cumprir co seu compromiso de abrir o espazo municipal e os seus actos á cidadanía. Igual que o ano pasado e como consecuencia da andamiaxe da Catedral, os Fogos seguirán a proxectarse sobre o Pazo de Raxoi, quedando este edificio inhabilitado para poder usarse como espazo para presenciar o espectáculo. Remitidos os convites protocolarios obrigados polo Real Decreto de Precedencias e confirmadas as asistencias, quedaron dispoñibles 25 convites dobres (50 prazas), que se sortearán entre a cidadanía.

Aquelas persoas interesadas en presenciar os Fogos do Apóstolo no espazo reservado para convidados/as a carón do Hostal dos Reis Católicos, deben cubrir os datos do formulario habilitado e remitilo antes das 12:00 horas do vindeiro xoves, 13 de xullo. Deberán indicar nome, DNI, teléfono de contacto e localidade de residencia.

Entre as solicitudes recibidas, realizarase un sorteo o propio xoves do que resultarán os 25 agraciados/as co convite. O Concello contactará telefonicamente con cada unha das persoas elixidas para comunicarlle o outorgamento do convite. Co obxectivo de que todo funcione correctamente habilitaranse tres días (venres 14, luns 17 e martes 18) para que as persoas gañadoras se acheguen ao Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, para recoller as invitacións. Nese momento serán informadas das instrucións de acceso ao lugar habilitado.

Direccións relacionadas



Compartir: