ALCALDÍA

O alcalde clausura o Foro Inserta, organizado pola Fundación ONCE e Inserta Empleo

06/07/2017 O alcalde, Martiño Noriega, foi o encargado de clausurar hoxe o Foro organizado pola Fundación ONCE e Inserta Empleo, baixo o título "Xestión estratéxica do talento diverso: novos proxectos de traballo en rede". O rexedor aproveitou a súa intervención para reinvidicar "que as administracións sexan as primeiras en dar exemplo á hora de integrar no mundo laboral ás persoas con diversidade funcional". Nese sentido, defendeu a necesidade de incluír cláusulas sociais na contratación pública e de ampliar as reservas para centros especiais de emprego.

Na clausura do Foro Inserta Responsable, celebrado no Salón Reitoral de Fonseca, tamén participaron o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta, Francisco Conde, e o vicepresidente executivo da Fundación ONCE, Alberto Durán.

Compartir: