MOBILIDADE

O sábado entra en vigor o horario de verán no transporte urbano

29/06/2017 Como cada ano, o próximo 1 de xullo entrarán en vigor os horarios de verán no servizo do transporte urbano.

Este ano non haberá ningunha modificación con respecto aos pasados períodos estivais, nos que xa se fixera unha clara aposta pola mellora nas frecuencias no rural co aumento de servizos na liña P3 (Santa Lucía), na liña 6, e na liña P1 (Figueiras).

Toda a información sobre os horarios de verán está dispoñible na páxina web www.tussa.org. A partir de mañá, tamén se empezarán a distribuír folletos informativos.
Os datos sobre o horario de verán están dispoñibles ademais na aplicación móbil maisbus, e no teléfono de información do transporte urbano: 901 12 00 54

Documentos relacionados



Compartir: