ECONOMÍA E FACENDA
A concelleira fixo fincapé no saneamento das contas públicas realizado polo goberno local que sitúa "o nivel de endebedamento do Concello na cifra máis baixa da súa historia, situándose nun 39,32%". Como explicou María Rozas, trátase dunha cifra que se sitúa moi por debaixo do límite legal que está no 75%. "Isto permitiranos", lembrou, "aforrar en xuros de débedas que ten contraídas o Concello dende hai moitos anos e que teñen tipos de interese bastante elevados".
Aposta polo mantemento
Outro dos datos que nos dá esta liquidación de 2016 é o que confirma esa aposta polo mantemento feita nos orzamentos do ano pasado, o exercicio con maior nivel de gasto en mantemento dos últimos dez anos. "Estamos a falar", explicou Rozas "dos contratos de mantemento de reparación de viais, de edificios municipais, instalacións deportivas, centros educativos, etc que priorizamos fronte a outros gastos".
A cantidade invertida ascende a 2.005.215 euros, o que significa o 91% de execución. Mentres en 2006 o gasto en mantemento de viais apenas alcanzaba os 350.000 euros, en 2016 esa cifra superaba os 1.500.000 euros.
En relación ao capítulo de obras e investimentos, a concelleira informou de que a execución se situou no 22%, unha cifra "non tan positiva como outras que nos pode dar a liquidación e que confirma o problema estrutural que observamos o ano pasado". A iso hai que sumarlle o feito de que o capítulo de investimentos do 2016 estaba moi vinculado a fondos externos como os dos ARI’s de Fomento ou os fondos EDUSI que, a día de hoxe, aínda non foron transferidos polo Estado.
"O ano pasado apostamos os fondos propios ao mantemento conseguindo unha execución do 91% e decidimos dedicar pouco orzamento propio a obras e case todo procedente da EDUSI e doutras fontes, fondos que non chegaron", explicou María Rozas.
A maiores, a entrada en vigor do orzamento no mes de abril supón que queden moitos investimentos sen computar no 2016, que pasarán a contabilizarse no orzamento de 2017, que entrou en vigor antes que o exercicio anterior. Finalmente, o Auditorio de Galicia ten un remanente positivo de 167.752,91 euros, e unha execución global en torno ao 95%.
Saneamento das contas
En definitiva, o exercicio de 2016 amosa unha situación financeira do Concello positiva, cun superávit de 7,9 millóns de euros que permitirán continuar saneando as contas municipais e executar investimentos financeiramente sostibles.
O Concello logra un superávit de 7,9 millóns de euros
23/06/2017 A aposta polo mantemento ten o seu reflexo na liquidación de 2016 cunha execución do 91%. A maiores, continúanse saneando as contas municipais, situando a débeda en 39 millóns de euros.
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta hoxe da liquidación do exercicio orzamentario de 2016 que arroxa un remanente positivo de tesourería de 7,9 millóns de euros.A concelleira fixo fincapé no saneamento das contas públicas realizado polo goberno local que sitúa "o nivel de endebedamento do Concello na cifra máis baixa da súa historia, situándose nun 39,32%". Como explicou María Rozas, trátase dunha cifra que se sitúa moi por debaixo do límite legal que está no 75%. "Isto permitiranos", lembrou, "aforrar en xuros de débedas que ten contraídas o Concello dende hai moitos anos e que teñen tipos de interese bastante elevados".