MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA

O concelleiro Xan Duro reúnese coa veciñanza de Cornes

22/06/2017 O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia visitou hoxe o barrio de Cornes, acompañado por varios representantes da veciñanza. Segundo lle explicaron, as súas principais demandas están relacionadas co tráfico que circula pola zona.

Xan Duro comprometeuse a estudar medidas para mellorar a circulación en Cornes, e para "evitar que a Corredoira de Cornes se siga utilizando como atallo por ducias de vehículos que queren evitar a rúa de García Prieto". O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia tamén se achegou á zona do lavadoiro, que precisa dunha actuación de limpeza. O edil adiantou a súa vontade de "acondicionar este punto para enlazalo coa lagoa de Cornes e coas Brañas de Sar, creando así unha nova zona de paseo e lecer ao carón do centro urbano de Compostela".

Compartir: