DEPORTE

A Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, culmina unha nova peregrinación a Compostela

20/06/2017 A concelleira Concha Fernández, xunto con outros membros da Corporación, recibiu no salón vermello de Raxoi os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, ao concluír unha nova edición da súa ciclomarcha a Compostela.

A chegada deste grupo de ciclistas a Santiago xa se ten convertido nunha tradición nestas datas. Ademais, este ano, a peregrinación ten un especial significado para esta peña, xa que cumpren 30 anos realizándoa.

Este ano participaron na ciclomarcha 18 deportistas, de moi diferentes idades. Todos eles partiron de Ávila o pasado día 17, e chegaron hoxe á Praza do Obradoiro. Como se ven facendo nos últimos anos, a corporación recibiunos no Salón Vermello e animounos a manter viva esta tradición de peregrinar a Compostela.

Compartir: