EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

Sesenta inmigrantes extracomunitarios beneficiaranse de axudas escolares

07/12/2006 Un total de sesenta inmigrantes extracomunitarios do total de escolarizados en Compostela, solicitaron as axudas escolares que concede o Concello de Santiago. Dos beneficiarios, 36 eran nenos e 24 nenas.

A concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, valorou a concesión destas axudas, cuxa contía dependía de se os rapaces estaban en cursos onde se os libros eran gratuítos ou non. Ademais, indicou que para o vindeiro curso se pretende mellorar a xestión destas axudas, informando aos pais antes de que remate o período escolar actual, de tal xeito que os mesmos poidan ter presentes estas becas á hora de gardar as facturas, logo necesarias.

Entre os perceptores das axudas, a nacionalidade máis representada é a arxentina, con 15 rapaces, seguidas da colombiana (9), marroquí (7) e Venezuela (6). No pasado curso foran 61 os nenos e nenas que recibiran axudas.

En canto á escolarización, en Compostela estaban escolarizados no curso 2005-2006 un total de 471 rapaces, dos que cales a maior representación corresponde a Arxentina (79 en centros públicos e 17 en privados), seguida de Venezuela (17 en públicos e 66 en privados) e Colombia (41 en públicos e 7 en privados)

Respecto a centros escolares, o centro público de infantil e primaria con maior número de inmigrantes é o Cardeal Quiroga Palacios (24), seguido do Apóstolo Santiago e de Fontiñas, ámbolos con 14. Os colexios privados con máis inmigrantes son Nosa. Sra. dos Remedios (50), San Paio (20) e San Xosé de Cluny (19). En secundaria, os institutos máis representados son o San Clemente (44), o Monte de Conxo (29) e o de Sar (23).

Compartir: