EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Exposición pública da listaxe definitiva de admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2017-2018

13/06/2017 Finalizado o período de reclamacións ás listas provisionais de admitidos, a Concellaría de Educación e Cidadanía procede á publicación da listaxe definitiva de admitidos/as na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2017-2018. Iníciase así o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local do 17 de marzo.

A matrícula formalizarase na Secretaría da Escola Municipal de Música do 14 ao 30 de xuño de 2017. De non formalizarse a matrícula no período correspondente decaerá o dereito á praza obtida (aínda constando o alumno/a na relación definitiva de admitidos) e terase por desistido da solicitude, arquivándose o expediente e non figurando nas listas de agarda.

O prezo público de matrícula é de 59,50 euros. As cotas mensuais son as seguintes: Escola Infantil de Música,35,65 €; Especialidade instrumental (curso completo) PEX ou PEPA, 53,50 €; Práctica instrumental + actividades instrumentais de conxunto, 42,80 €; e Formación musical complementaria á practica instrumental, 35,65 €.

Os/as solicitantes que o desexen poden realizar as consultas que consideren a partir deste martes no Departamento de Educación e Cidadanía (teléfonos 981 554 400/401) ou na Escola Municipal de Música (teléfono 981 528 701).

Compartir: