ALCALDÍA

Inauguración da Avenida de Barcelona

07/12/2006 O luns 11 de decembro, as 13.00 horas, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurará a Avenida de Barcelona acompañado polo alcalde da cidade condal, Jordi Hereu i Boher, como mostra da unión e amizade entre as dúas cidades, irmandadas desde 1970. No acto descubrirase unha placa conmemorativa e plantarase unha árbore.

A Avenida de Barcelona está situada nas novas urbanizacións da Choupana, inmediata á Avda. Mestre Mateo e paralela a recentemente inaugurada Avda. de Bilbao. A nova arteria ten 540 metros de longo por 15 de ancho e os edificios dos dous novos polígonos da Choupana albergan en total 795 vivendas.

Ademais das autoridades locais, asociacións veciñais e veciños da nova rúa, especialmente invitados polo Concello de Barcelona, asistirán ao acto os galegos residentes na capital catalá Luís Lamas, da Federación I. Hogar Galego; Eduardo Méndez, vicepresidente de Saudade; Moncho Ramos, de Amigos de Sargadelos; Ramón Rei, da Asociación San Froilán; Asensio Castro, de Toxos e Xestas; Domingo Balboa, da Asociación Cova da Serpe; e Iolanda Díaz, da Asociación O’Penedo Fogar Galego.

PROGRAMA

12.00 h.- Visita ao Concello.
Saúdo aos portavoces: Néstor Rego (BNG), Francisco Candela (PSOE) e Ricardo García-Borregón (PP).
Firma no libro de ouro.
Entrega de obsequios (Prensa gráfica)

12.30 h.- Saída do vehículo que leva aos medios á Avda. de Barcelona.

13.00 h.- ACTO DE INAUGURACIÓN

Asistentes: Corporación Municipal, entidades locais, asociacións veciñais, veciños de la Avda. de Barcelona e galegos residentes en Cataluña.

Plantación dunha camelia no parque da urbanización.
Descubrimento dunha placa conmemorativa.

TEXTO DA PLACA:

Santiago de Compostela – Barcelona
Cidades irmáns desde 1970

Como símbolo de unión e amizade inauguramos a
Avda. de Barcelona o día 11 de decembro de 2006

Alcalde de Barcelona
J JORDI HEREU I BOHER

Alcalde de Santiago de Compostela
XOSÉ A. SÁNCHEZ BUGALLO

Compartir: