EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Eixo Atlántico define as súas prioridades para os vindeiros dez anos

10/06/2017 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou en Braga no Congreso do Eixo Atlántico, que neste seu 25º aniversario debateu o documento da axenda urbana, fixando as prioridades para as cidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para os vindeiros dez anos.

O Congreso rematou cun acto conmemorativo dos 25 anos do Eixo Atlántico e foi clausurado polo primeiro ministro portugués, António Costa.

Compartir: